segunda-feira, 23 de abril de 2007

A Senén Barro parécelle que pagamos pouco

O reitor vai introducindo nos medios de comunicación empresariais a ideia das suba das taxas...


O reitor da USC avoga por aumentar o prezo da matrícula


Senén Barro aposta por conceder un maior número de bolsas.
«A USC é a mellor Universidade de Galicia»

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Senén Barro , avoga por aumentar o prezo da matrícula anual que rolda máis ou menos ao redor dos 600 euros e de conceder un maior número de bolsas para aqueles estudantes sen os recursos suficientes.


Ler mais despropósitos...

Nunha entrevista a EFE, Barro indicou que o prezo que pagan os estudante representa «entre o 10 e o 20 por cento do custo real» da formación universitaria.

Opinou que se trata dunha contribución «simbólica» e considerou que «podería aumentarse máis a matricula» ata o punto de que «sería ata un sistema mais xusto desde un punto de vista de distribución de recursos» e constituiría unha «fórmula mellor».

Observou que ese incremento debería ir «evidentemente compasado dun aumento significativo das bolsas» para compensar a aquelas familias con falta de recursos.

O reitor da USC sinalou que «dese modo o estudante con máis recursos poderá pagar unha parte máis significativa do custo da súa formación».

Barro indicou que «importantes economistas consideran que esta fórmula, existente en varios países», entre eles España, de ofrecer matrículas relativamente baratas «é absolutamente inxusta porque a Administración financia a familias sen problema económicos de xeito inxustificado».

O reitor da USC indicou que a reforma universitaria aplicada na Unión Europea implicará que o próximo curso os estudantes doutros países comunitarios xa non necesitarán facer o exame de selectividade para acceder.

Por iso, considerou que «vai haber un incremento importante de de estudante de Europa, especialmente de Portugal, particularmente en titulacións de Farmacia e Medicina» como parte desa reforma.

Barro indicou que actualmente os estudantes estranxeiros que efectúan a «titulación completa» da súa gradación na USC representan «menos do 5 por cento», aínda que subliñou que os de doutoramento supón «o 15 por cento».

«A maioría son de Portugal, unha parte significativa proceden de Latinoamérica e logo doutros países», comentou o reitor.

tirado de lavozdegalicia

Sem comentários: