domingo, 4 de março de 2007

Acta 8 (28-02-2007)

ACTA DA VIII REUNIÓN DA COORDENADORA DE ASEMBLEAS DA USC

Dia 28-Fevereiro-2007

Asisten:
-Políticas (3)
-Física (6)
-Historia (2)
-Ciencias da Comunicación (1)
-Traballo Social (1)
-Dereito (2)
-Filoloxía (1)

Ler mais...

1-Rolda de Faculdades

-Farmacia está a preparar un cartaz con un logótipo proprio para a súa Asemblea de Faculdade.
-Filoloxía espera reunir-se para a semana e empezar a traballar en grupo
-Ciencias da Comunicación informa de novas participacións na súa Asemblea
-Políticas está a preparar un Voceiro da Asemblea de Faculdade; unha festa para celebrar o aniversário da súa constitución, un Ciclo de Cinema; unhas Xornadas de Asemblearismo e outras de Feminismo e mais un cartaz contra o Proceso de Bolonha.

2-Propostas a debate

-Tema Concepción Arenal: todo fechado. Fica determinación do primeiro grupo do día para escoller a xornada apropriada. Organizarán-se entre eles e elas, e informarán ao resto cando toque.
Alén do primeiro grupo, vén de constituír-se un segundo, formado por Sabela e xente de Historia entre as 11 e as 13 horas.
O horario final das concentracións é de 13.30 a 14.30 do medio-día e de 18.30 a 20 horas do serán.

-Lembra-se que o vindouro mércores día 7 de Marzo hai a primeira reunión do Grupo de Traballo do documentario, na Faculdade de Xeografía, Historia e Arte. Só están confirmadas as asistencias de Dereito, Física e CC. Comunicación, polo que cómpre que as demais Asembleas informen do envío dun/ha representante.

3-Novas propostas. Temas debatidos.

-Física: Tema palestras. Políticas e Dereito deberán procurar xente, basicamente profesorado, disponíbel para dar charlas sobre Bolonha. O primeiro e inmediato obxectivo sería atopar un grupo disposto a dar unha palestra a semana entre os días 19 e 23 de Marzo, ambos incluídos. Depois hai Xornadas de Políticas e depois ferias de Primavera. O segundo ciclo de palestras, máis tarde, sería ao rematar estas.

-Historia: A Coordenadora debería amosar a súa solidariedade e apoio, activo embora individual, às traballadoras da limpeza, en protesta polos seus dereitos laborais recortados polo Concello de Compostela. Todos os días às 11 horas na Praça do Obradoiro concentran-se. Que se baixe às Asembleas a posibilidade de tirar un comunicado de apoio e pór cartaces nas Faculdades.

-Políticas entende que a proposta de concentrar-se 4 veces, unha por semana, en Abril, debería depender do resultado máis ou menos exitoso da primeira convocatoria. Física replica que a intención da convocatoria non é mobilizar masivamente a xente, senón transladar a diferentes zonas da cidade a iniciativa de autoorganización da Coordenadora.

4-Comisión de Axitación

Informan do último acto desenvolvido. Moi xeitoso e visíbel na rede.

5-Comisión de Información

Debería tentar comezar a procurar contactos mediáticos para dar saída pública e difusión às actividades da Coordenadora. O web www.galizalivre.org ofereceu-se para servir de altifalante da nosa actividade.

6-Plataforma Estatal contra Bolonha

Agarda-se máis información sobre os propósitos do grupo saído da ACME e sobre o respaldo estatal à súa iniciativa, paralela en certo modo ao xa existente Foro Europeu de Estudantes.

7-Texto ao MpDC

Será asinado polo seu autor como integrante da Coordenadora. Está disponíbel nos correos das Asembleas.

8-A vindoura Reunión da Coordenadora será o día 14 de Marzo en Física.

Sem comentários: