sábado, 14 de abril de 2007

Acta 12 (12-04-2007)

Acta da XII Coordenadora de Assembleias da USC
(12/4/07)

Asisten:
-Políticas
-Farmacia
-Física
-Filoloxía
-Historia
-Dereito
-CC. da Educación
-CC. da Comunicación
-Traballo Social

Non entra en debate a ausencia de Bioloxía, reiterada, e ausente tamén de todas as convocatorias organizadas pola Coordenadora.


Ler o resto da acta...


1.Turnos de Faculdades

Políticas solicita intervir en primeiro lugar. Cede-se a palabra.
Len un documento no cal fan crítica do funcionamento da Coordenadora e abandonan a xuntanza anunciando que deixan de participar da Coordenadora. (Ler)
Salienta-se o feito de haber na Faculdade de Políticas varias persoas interesadas en manter unha Asemblea participante na Coordenadora.

-Dereito non se reuniu. Fará-o este luns con intención de solicitar encontro co Decanato con motivo da prohibición do uso do Local de Alun@s e para facer unha intensa colaxe animando a participar da Asemblea.
-Farmacia segue a reunir-se con unha falta de participación abraiante. Porén, o traballo promocional está a ser moi potente.
-Filoloxía congratula-se de poder asentar-se por fin con varias persoas estábeis.
-Historia está a preparar un ciclo de cinema e continúa con unha presenza intensa na Faculdade
-CC. da Educación apresenta o programa da Semana da Educaçom Crítica, ao que convida todo o estudantado participante da Coordenadora. Será unha semana intensa de actos formativos, educacionais e de lecer nos cales a Coordenadora terá un día de especial protagonismo. Será o xoves a partir das 19 horas na charla sobre o Processo de Bolonha. Carlos fica asegurado para falar en nome da Coordenadora e pide-se a maior participación posíbel nun modelo de palestra informal e aberto ao diálogo.
Estas semanas estiveron moi ocupad@s coa preparación da devandita S.E.C.
Pode consultar-se horários dos actos previstos para os Cámpus Sul e Norte aqui
-CC. da Comunicación preparou sen éxito unha Asemblea en Económicas. Volverán tentá-lo. Inician para toda a semana que vén unha exposición crítica sobre o Processo de Bolonha que se espera ir rulando por todas as Faculdades posíbeis.
-Física mantén axitación interna. Comentan a posibilidade de propor mudanza de nome para Coordenadora de Estudantes. Este ponto, relegado a propostas, non foi debatido por falta de tempo.
-Traballo Social recuperará en breve as reunións


2. Propostas pendentes e a votación

-Aproba-se “cacerolada” ante a Reitoría
-Aproba-se edición de colantes co logo da Coordenadora

3. Novas propostas

-Física propón manter o ritmo de actividade tralo Mês de Concentraçons con novos actos reivindicativos. A proposta de feche nunha Faculdade baixa-se às Asembleas para ser valorizada e complementada con novas suxestións que permitan enriquecer o acto.
-Baixa-se tamén para ser tratada decontado a iniciativa de realizar algunha acción co gallo das xornadas, no Pazo dos Congresos de Santiago, de achegamento da mocidade de Bacharelato às diversas “opcións universitarias” no chamado Foro Orienta 2007. Requeren-se ideas.
-Solicita-se a maior difusion posíbel à Comisión de Axitación e a todas as persoas en Asembleas da que será derradeira convocatoria do Mês de Concentraçons, o mércores 18 a partir das 13,30 na Praza do Obradoiro, en frente da Reitoria. Suxire-se levar material sonoro.
-Cumpre organizar Comisión Económica de novo

4. Vários

Pola presente fica convocada a vindeira Coordenadora de Asembleas da USC para o martes 17 às 14,30 en Ciencia da Comunicación (Cámpus Norte), con carácter extraordinario.
Lembrar tamén que o día 19 às 14,30 en Farmacia (Cámpus Sul) haberá unha segunda convocatoria extraordinaria por decisión das persoas asistentes a esta Xuntanza, de acordo con certas necesidades urxentes.

A persoa encarregada da Acta perdeu-na, motivo polo cal se suxire que na próxima Coordenadora se comece pola aprobación da presente.

Sem comentários: