sexta-feira, 16 de fevereiro de 2007

Acta 7 (14-02-2007)

Acta da VII Xuntanza da Coordenadora de Asembleas da USC

(14-02-07)

Ler mais...

Asisten:

-Física(5)
-Historia(3)
-Dereito(1)
-Traballo Social(2)
-Farmacia(1)
-Bioloxía(1)
-Políticas(1)
-CC. Comunicación(2)

1. Advirte-se a CC. Políticas e a CC. da Comunicación que non desculparon os seus retrasos nesta Xuntanza, e que non é a primeira vez que ambas Asembleas fan perder media hora ás demais. Lamenta-se a ausencia reiterada de Filoloxía.

2. Non houbo resposta da Asemblea da Semana pola Educación Crítica. Rexeita-se reiterar contacto por esta vía -carta-. Iago F. informa que coñece xente dunha Faculdade integrada na "Educación Crítica" onde teñen unha Asemblea en funcionamento Transladará-lles a nosa intención de que participen na Coordenadora.

3. Rolda de Faculdades. A salientar:

-Historia xa está en andamento. Desde o11 de Xaneiro. Andan a pensar na edición dun colante.

-Traballo Social anda nun panfleto.

-CC. da Comunicación anda nuns cartaces e nun colante.

4. Rolda de propostas a aprobar:

-Tema ORA, de Farmacia: Non sae adiante.

A salientar: CC. da Comunicación pensa que se se fixese debería incluír-se unha crítica ao uso do automóbel privado. Os votos en contra centraron-se na falta de prioridade deste tema.

Farmacia di que pensará en replantexar a proposta.

-Esparguetada: Non sae adiante por falta de concreción, polo viciada que está a simboloxía do espagueti e pola frivolización que achan no modelo de acción algunhas Asembleas.

-Documentario: Tan só Dereito e Física responderon á proposta que se fixo ao oferecer dúas persoas para criar o Grupo de Traballo do Documentario. Maria C. pola primeira e Cris pola segunda. As restantes Asembleas desculpan a súa falta neste ponto, mais recoñecen a necesidade de contar con un mínimo de unha persoa comprometida por cada Faculdade. Porén, non se coida especialmente grave este percance pola facilidade de convocar unha xuntanza do Grupo de Traballo á qe respondan todas as Asembleas de Faculdade. Espera-se iniciativa de CC. da Comunicación neste sentido. A proposta, portanto, conta con apoio unánime e interese.

-Tema Concepción Arenal: Sae adiante. Dereito concretiza a proposta, ficando a súa Asemblea encarregada de preparar o material (dúas faixas e unha mesa) para ese día. Chamará-se a algunha xente para o deseño das faixas. Editarán-se volantinas, non muitas por desavinza neste ponto; brochuras en número macizo para reparto durante todo o día nas proximidades da Biblioteca; material editado mais o novo que puder saír editado pola Coordenadora; libros "Mito y realidad sobre el Proceso de Boloña" para vender ao estudantado... Todo isto estaría na mesa informativa, localizada tambén nas proximidades da Biblioteca.

Ás dúas horas puntas determinadas na Xuntanza (unha de mañá e unha de tarde) convoca-se ao conxunto da xente que traballamos na Coordenadora para concentrar-nos por trás dunha faixa. Cumpre falar con colegas para que se unan.

Precisa-se estabelecer quendas de traballo, con 5 persoas por quenda; 6 quendas en todo o día; 2 horas cada quenda. De 9 a 21 horas.

-Proposta Física sobre novas Comisións: A de Información fica constituída por Dáni Cao de Políticas e Sabela de Filoloxía. Deberán encarregar-se de manter actualizada a páxina web con noticias sobre o Proceso de Boloña e a actividade da Coordenadora, etcétera...

A Xurídica fica constituída por Iago B., Maria V. e Maria C. de Dereito e Iago F. de Física. Deberá encarregar-se de aportar unha base teórica e análise da información relativa co Proceso de Boloña e o EEES.

A compañeira de Historia Noela adere á Comisión de Economía da Coordenadora.

-Proposta de Física sobre palestras e concentracións en Marzo-Abril (ver Acta anterior): Unanimidade no apoio.

5. Propostas e obrigacións para a vindeira Xuntanza da Coordenadora (ou previa Xuntanza):

- Precisa-se dunha escada sen falta! (para proposta sobre Concepción Arenal).

-CC. da Comunicación debería ter a iniciativa na realización do documentario. Agarda-se proposta concreta ou convocatoria dun Grupo de Traballo para iniciar as tarefas.

A mais, cada Asemblea de Faculdade debe ir pensando en como se podería envolver a súa Faculdade na realización do documentario: persoas a entrevistar, cousas a gravar, situación a criticar, denuncias...

-Cada Faculdade debe enviar canto antes for posíbel unha listaxe con a xente, integrada ou non dentro da súa Asemblea, que estexa disponíbel para a proposta da Concepción Arenal. Dereito, unha vez recebidas as persoas disponíbeis, editará os horarios distribuíndo a xente. Requere-se rapidez neste asunto para que, se alguén non estivese conforme coa hora que lle corresponder, pudese emendar-se a proposta de Dereito. Isto urxe para antes da Vindeira Xuntanza da Coordenadora.

-Todas as Faculdades deben ir pensando en xente, contactos, para participar nas palestras da segunda quincena de Marzo (ver derradeira proposta do ponto anterior).

-Carlos C. deberá aportar o conxunto de material editado pola Coordenadora (brochuras, cartaces, folletos...) para levar à Mesa informativa da proposta da Concepción Arenal. Un bon número de casa cousa, dependendo da súa capacidade para lle ser dada ao estudantado (mais brochuras do que cartaces e folletos, por exemplo), contando co feito de que a medida que se remate o material se podería fotocopiar máis nas copistarías próximas para fornecer a Mesa.

-Paulo B. fica encarregado de aportar un altofalante.

-As follas de pagamento das persoas que sexan representantes nas súas Faculdades deberán aportar-se para permitir que os gastos circulen a través delas, e non do noso peto (ponto aprobado na Xuntanza número --)

6. A vindeira Xuntanza da Coordenadora fica datada para o día 28 de Febreiro na Faculdade de Historia, Xeografía e Arte.

Sem comentários: