sexta-feira, 4 de maio de 2007

Acta 14 (26-04-2007)

Acta XIV Xuntanza da Coordenadora de Asembleas da USC

(26-4-2007)

1. Rolda de faculdades:
- Física , reuníronse en asamblea e trataron o tema do mal funcionamento da coodenadora.
- Dereito, o mesmo.
- Historia, reuniuse en asamblea e tratou o tema da coordenadora e que van sacar unhas pegatas.
- E.Crítica:reuníronse e trataron o tema da coordenadora e mais o desenvolvemento das xornadas, tamen trouxeron propostas pra coordenadora, tamen propoñen unha Asamblea xeral extraordinaria.
- Optica: reuníronse en asamblea.
- C.C. da Comunicación: reuníronse en asamblea e trataron o tema de facer unha palestra con mestres da súa faculdade, que precisaban 50 persoas pra preparar o acto pra o xoves próximo pola liberdade de expresión, e tamen falaron de facer unha asamblea xeral extraordinaria.


Ler mais...


2. Votación para acordar a celebración ou non da asamblea xeral
extraordinaria:
>>>Gaña o SI por 4 votos contra 3.

A Asamblea da Educación Crítica propón unha data e unha hora pra a celebración
da Asamblea xeral e pra baixala ás asambleas das faculdades.(14 de Maio ás
16:30)

Debátese sobre se a celebración da asamblea xeral levaría a unha posible
disolución da coordenadora.

Física di que abandona a coordenadora.

Historia retráctase e pide mudar o seu voto por entender mal o que se tiña
que votar.

Permítese a Historia mudar o seu voto e a votación fica en 4 votos en contra
e 3 a favor da asamblea xeral.

Queda votado que non se celebrará a Asamblea Xeral extraordinaria.

3. Propostas:
- Farmacia: están a facer un texto pra pendurar na rede sobre o
Plano de Bologna.
- Historia propón traer propostas pra vindeira coordenadora, pra mellorala nos aspectos de regulamento , organización e representación.
- Farmacia: propon o mesmo pero matiza que se faga no marco da coordenadora das asambleas.
- E.Crítica: propon o mesmo.

O resto das faculdades presentes o corroboran e apróbase traer propostas das asambleas das faculdades pra por en común o vindeiro día 3 de maio ás 14:30 na Faculdade de C.C da Educación do Campus Norte (Data fixada pra a celebración da vindeira xuntanza da Coordenadora de Asambleas da Faculdades).

Vindeira xuntanza da Coordenadora de Asambleas : Quinta feira (xoves) 3 de
Maio na Faculdade de C.C. da Comunicación , no Campus Norte ás 14:30.

Sem comentários: