quinta-feira, 30 de agosto de 2007

Projecçom do vídeo da coordenadora no CS Revolta (Vigo)

A segunda feira 27 de agosto fomos convidadas polas compas do CS Revolta a unha proxección de vídeos dos movimentos sociais galegos na zona vella de Vigo. E alí fomos 3 companheiras que nos puidemos achegar. Estaban tamén activistas do colectivo audiovisual olholivre, e outras video-activistas a nível individual.

Proxectáronse videos sobre diferentes temas, da asemblea de precarias de Compostela, sobre os movimentos queer, mobilizacións polos dereitos das persoas presas, contra a precariedade e a especulación e polo dereito á vivenda... e tamén sobre as loitas na USC contra o proceso de Bolonha, claro ;).
Non está demais salientar a xeitosísima cea que nos prepararon os compas da revolta, así como a hospitalidade coa que nos acolleron. Todo o noso agradecemento!


Ver fotos e algun dos vídeos que vimos.






>>> vídeos olholivre
>>> vídeos asemblea de precarias de Compostela
>>> vídeo marcha queer-precaria na Corunha (invisíveis e maribolheras precárias)

1 comentário:

Anónimo disse...

Deus volo pague rapazes ;-)