quarta-feira, 18 de abril de 2007

Boas novas!

Chega aos nosos ouvidos que en Óptica temos compañeiras a se mover para criar unha asemblea nesta faculdade. Mesmo teñen un blogue!:


A convocatoria da asemblea centra-se en que compre reivindicar "dous puntos básicos": "a organización e movilización contra o proceso de Boloña", e a esixencia ao "Ministerio de Educación e Ciencia a equiparación da nosa carreira a unha licenciatura". Ademais, amosan a sua disposición a participar de actividades conxuntas con outras asembleas na coordenadora.

A primeira reunión é o mércores que ven (día 25 de abril) ás 12:00 no local de alumnas.

Os nosos parabéns e un saúdo ás compañeiras que están a promover esta iniciativa.

O movimento estudantil asemblear expándese!

Sem comentários: